Este ano tamén dispoñeremos dun servizo de catering na XGN R ENCOUNTER.
A petición dun bono de comida realízase desde a extranet. Haberá unha opción máis para ese efecto na pantalla de reserva para aqueles que teñan o pago confirmado.
O último día para solicitar o bono de catering é o 5 de outubro 2021.
Ofrecémosvos a seguinte modalidade:
- Bono 4 días (desde cea venres ata comida luns): o seu prezo será de 63,00€
- Venres: Cea
- Sábado: Almorzo+Comida+Cea
- Domingo: Almorzo+Comida+Cea
- Luns: Almorzo+Comida
O pago terás que realizalo na party (en cafetería).
Horario Catering:
Almorzo: De 9:30 a 11:00
Comida: De 13:30 a 16:00
Cea: De 21:30 a 23:00
O menú almorzo consiste nun café ou Cola Cao, unha peza de bolería e un zume.
Os menús de comida e cea compóñense de primeiro prato, 2º prato, pan e sobremesa.
Tipo de menús:
-
1ro prato:
Legumes: Lentellas, garavanzos, fabas,…
Verdura: Judias, puré,…
Macarróns con tomate/queixo
Ensaladas variadas: mixta, pasta,…
Pementos recheos
Sopa
Paella
- 2º prato:
Salchichas con puré de pataca
Albóndegas con tomate, en salsa
Pito asado, guisado,…
Costela ao forno
Peixe rebozado
Lombo con patacas
Xarrete con patacas
- Postre:
Flan
Iogur
Froita
Tartas variadas