Outras actividades

Non importa se es un scener, un gamer, gústache o modding, ou se simplemente non encaixas en ningún outro lado... Esta é a túa sección! Só che pedimos que deixes a vergoña de lado.

  • Aronautas
  • Trivial de cinema
  • Karaoke
  • Avións
  • Fast crimping
  • Trivial de xogos
  • Non rías que é peor

 

 Aronautas

Consiste literalmente en lanzar aros, pero como nos gusta facer as cousas ao grande, metemos máis aros nos teus aros. A competición consistirá en tres roldas nas cales os participantes turnaranse para lanzar os aros dentro doutros aros. Terás a puntería suficiente para encaixar os aros dentro dos aros, aronauta?

 

 Trivial de cinema

Es ti esa clase de amigo que sempre ten na punta da lingua o nome da película que ninguén máis coñece?, viches toda a filmografía de Charles Chaplin e Buster Keaton?, es deses que ordenan de forma cronolóxica as películas de Marvel segundo pasaron pola súa data de estreno?
Este trivial é para ti.

 

 Karaoke

Non hai moito que explicar nesta actividade. Sube ao escenario, colle o micrófono e deléitanos coas túas notas máis afinadas ou os teus berridos máis estridentes ao son da música que ti elixas.

 

 Avións 

Desde os albores da humanidade o ser humano sempre tivo o soño de voar, agora nós dámosche un papel para que cumpras os teus soños. Tres roldas diferentes onde se medirá a distancia percorrida, o maior tempo de voo e as acrobacias de 3 avións diferentes de papel, que cada concursante ten que facer para descubrir quen está máis preto do ansiado soño de flotar por riba das nubes.

 

 Fast crimping

Sabedes o que é crimpar? Eu aínda non o teño moi claro, pero se ti o sabes e cres que es o mellor rétote a que veñas ao escenario e mostres ao departamento de redes como se fan as cousas.

 

 Trivial de xogos

Estás ao día na actualidade de videoxogos ou levas coa Super Nintendo enchufada na túa tele de tubo desde 1995?. Aquí os maiores talentos do coñecemento de videoxogos enfróntanse para demostrar quen sabe máis nun trivial divertido e aloucado.

 

 Non rías que é peor

A todos gústanos pasalo ben, pero podes conter o teu riso diante de todo o mundo? se cres que tes a mellor cara de póker de toda a party e que ninguén vai ser capaz de sacarche un sorriso sube ao escenario e demóstranolo.

twitter facebook