Cando
Do 9 ao 11 de outubro de 2021
Onde
Pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda)
Enderezo:
Avda. Recinto Feiral S/N
36540 Silleda - Pontevedra
Como chegar
Cordenadas de GPS: 42.7044-8.243687
Acreditación
A acreditación comezará el Venres 8 ás 16:00 e rematará o Luns 11 ás 17:00 no seguinte horario:
Venres 8 |
16:00 | 22:00 |
Sábado 9 | 10:00 | 22:00 |
Domingo 10 | 10:00 | 22:00 |
Luns 11 | 10:00 | 17:00 |
Información sobre a zona de descanso
A zona de descanso estará dispoñible a partir do día 8. O recinto deberá ser abandonado o día 11 tras a finalización do evento.
Cada participante terá unha área de descanso individual de 2x2 metros. Contará cunha tenda xa instalada para o seu uso (non se poden usar as tendas propias).
Cada participante deberá levar o seu propio material de abrigo (saco de durmir, manta, edredón,...). Medida habitable da tenda: 190 x 120 cm
Se se xerasen problemas porque algún participante ignorase as indicacións expostas esta organización verase na obriga de pedir aos responsables a retirada dos elementos que os causasen. Agradecémosvos a vosa colaboración de antemán.
Servizo de ducha
Duchas situadas no Pavillón 2.
O horario de uso será:
08:00 - 24:00