Iremos informando sobre as diferentes conferencias e obradoiros online que haberá no evento.
Se queres ser un dos conferenciantes, presenta xa a túa proposta enviando un Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando o teu nome, título do relatorio e unha descrición da mesma.
HORARIO DE CONFERENCIAS E OBRADOIROS*
Sábado, 9 de outubro
11:00- 11:45 Guía de supervivencia de criptomoedas
12:00 - 12:45 Taller programación: efectos de Leds e Cores con Micro:bit
16:00 - 17:00 IVAO España, a familia da simulación aérea
17:00 - 18:00 Un stream desde o outro lado
18:00 - 20:45 Voo Madrid - Galicia
Domingo, 10 de outubro
16:00 - 17:00 La música en Twitch, retransmisión de música en vivo
17:00- 18:15 El ayer y hoy del K-pop
*Este programa é provisional, e polo tanto está suxeito a variacións que se comunicarán oportunamente.
Guía de supervivencia de criptomoedas
Idioma: Castelán
Relator: Rubén Fernández Alén
Descrición do relatorio:
Unha charla de 45’ sobre como entrar no mundo das criptomoedas e non morrer no intento. O risco a correr dentro do propio risco, desde comprar e manter nun exchange ata as finanzas descentralizadas. Cales son os erros típicos ao iniciarse e como evitalos. Estafas e ameazas comúns.
A que tipo de público está orientado?
Persoas de calquera idade interesadas en penetrar no mundo das criptomoedas, coñecer os seus riscos e beneficios, avances neste tipo de tecnoloxías e estratexias para iniciarse co menor risco posible.
Breve Curriculum Vitae del ponente:
Graduado en empresariais e máster en profesorado pola Universidade de Vigo. Entusiasta da tecnoloxía blockchain. Divulgador. Creador de contido.
Web: https://www.twitch.tv/1nv4d3rs
Horario: Sábado, 9 de outubro, 11:00 - 11:45
Taller programación: efectos de Leds e Cores con Micro:bit
Idioma: Castelán
Relator: Jose Manuel Gonzalez Campos
Empresa: Camp Tecnológico
Descrición do relatorio:
Neste taller aprenderán a programar como crear efectos de luces, cores e movementos nunha tira de leds. Mediante programación por bloques a través da placa Micro:bit, conseguirán controlar cada un dos leds, asignar tempos e cores e poder crear distintos efectos luminosos nunha tira de leds.
A que tipo de público está orientado?
Nenos a partir de 8 anos, docentes e en xeral calquera persoa que queira empezar a coñecer de maneira práctica como se pode utilizar a placa electrónica Micro:bit , Micro:bit lanzouse no Reino Unido para fomentar as vocacións STEAM en todos os centros escolares e tivo unha gran aceptación noutros países pola facilidade coa que se poden realizar proxectos educativos.
Horario: Sábado, 9 de outubro, 12:00 - 12:45
IVAO España, a familia da simulación aérea
Idioma: Castelán
Relator: Celestino Abad Leal
Empresa: IVAO España
A que tipo de público está orientado?
A todo o público en xeral.
Breve Curriculum Vitae del ponente:
Coordinador do departamento de Relacións Públicas de IVAO ES.
Horario: Sábado, 9 de outubro, 16:00 - 17:00
Un stream desde o outro lado
Idioma: Castelán
Relator: Pablo Suárez Ares
Descrición do relatorio:
Tras unha breve introdución aos streamings musicais (utilizando o meu como exemplo), o relatorio busca mostrar un breve repaso a todo o que hai detrás dun stream e non se ve: dificultades técnicas, comunicativas e creativas, a orixinalidade no contido e a xestión dunha comunidade. Por último, farei unha reflexión sobre o papel do viewer, o seu comportamento e o seu peso na creación da comunidade online.
A que tipo de público está orientado?
Toda clase de público, tanto consumidores de stream e contido online como creadores do mesmo.
Breve Curriculum Vitae del ponente:
Fisioterapeuta pola Universidade de Oviedo.
Na música desde os 3 anos. De maneira autodidacta desde a adolescencia. Streamer (canle: Pablares). Cantante e batería do grupo SWAP.
Horario: Sábado, 9 de outubro, 17:00 - 18:00
Voo Madrid - Galicia
Idioma: Castelán
Relator: Departamento de eventos IVAO-ES
Empresa: IVAO DIVISIÓN ESPAÑOLA
Descrición do relatorio:
Como visita á feira tecnolóxica da XGN R Encounter en Silleda, IVAO España, procederá a levar pasaxeiros á mesma. Usarase como aeroporto de saída, Adolfo Suárez - Madrid Barajas cara a un dos tres aeroportos galegos, Vigo, Santiago ou A Coruña.
No evento abriranse tódalas posicións de control dos aeroportos e os radares correspondentes.
A que tipo de público está orientado?
A todo o público en xeral.
Horario: Sábado, 9 de outubro, 18:00 - 20:45
La música en Twitch, retransmisión de música en vivo
Idioma: Castelán
Relator: Elesky
Descrición do relatorio:
En la siguiente conferencia se hablará de las retransmisiones de música en directo en la plataforma Twitch y de los aspectos a tener en cuenta a la hora de comenzar a hacer streaming, tanto aspectos técnicos como herramientas que la plataforma ofrece.
A que tipo de público está orientado?
Público joven o personas interesadas por la música y la tecnología.
Breve Curriculum Vitae del ponente:
Elena, conocida en redes sociales como "Elesky", es de Asturias, tiene 26 años y toca el piano desde que tiene 5 años. En 2017 comenzó a subir vídeos interpretando música de bandas sonoras a su cuenta de Twitter. Dado el éxito que tenían, decidió seguir creando contenido y expandir sus versiones a piano a otras redes sociales, como Instagram o Youtube. En marzo de 2019 dio su primer concierto en solitario, y en noviembre de ese mismo año comenzó a retransmitir música en directo en la plataforma Twitch. Actualmente se dedica a streamear música (y videojuegos de forma ocasional), a hacer intervenciones en eventos de índole musical (conciertos, conferencias, etc.), y forma parte del club e-sports “Vodafone Giants”.
Web:
https://www.instagram.com/elesky/
https://www.tiktok.com/@elesky25?lang=es
Horario: Domingo, 10 de outubro, 16:00- 17:00
O onte e hoxe do K-pop
Idioma: Castelán
Relator: Mar López y Helena Patiño
Empresa: Colectivo Kimchimochi
Descrición do relatorio:
Nesta charla faremos un rápido repaso sobre a historia do K-pop e os acontecementos máis destacados que converteron a esta industria no gran fenómeno que hoxe coñecemos.
A que tipo de público está orientado?
A todo tipo de público interesado en saber como xurdiu todo este fenómeno do k-pop.
Web: https://www.instagram.com/my_kimchimochi/
Horario: Domingo, 10 de outubro, 17:00- 18:15