A cita informática XGN R Encounter ultima a súa 21ª edición, que contará, do 9 ao 11 de outubro, con 20 xigas de velocidade

  • Este evento, que ten lugar na Feira Internacional de Galicia ABANCA, recupera o seu formato presencial para inscritos e volve a reunilos nos seus dous pavillóns principais, os cales contan con máis de 10.000 metros cadrados cada un

 

  • Desenvolverase con todas as medidas de seguridade, segundo un plan de prevención fronte á COVID-19

 

Silleda, 1 de outubro de 2021.- A  XGN  R  Encounter, a maior  lanparty de Galicia, ultima xa a súa 21ª edición. Esta celebrarase do 9 ao 11 de outubro retomando o seu formato presencial para inscritos tras levarse a cabo online o pasado ano.

 

Así, o recinto  Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda, volverá reunir a profesionais e afeccionados á informática e as novas tecnoloxías nos seus dous pavillóns principais, os cales contan con máis de 10.000 metros cadrados cada un.

 

O evento desenvolverase con todas as medidas de seguridade, segundo un plan de prevención fronte á COVID-19.

 

A  Feira Internacional de Galicia ABANCA está inmersa nos preparativos desta cita. Así, contará de novo na súa área Intranet, exclusiva para persoas inscritas, cun completo programa de actividades para as que dispoñerán de 20  xigas de velocidade no recinto. En canto á zona  Extranet, de acceso libre, será unicamente en formato online, ofrecendo numerosas propostas para desfrutar dende a casa.

     

Esta edición, coa que se pretende recuperar a interacción dos participantes de forma segura, é a quinta coa operadora galega  R como colaboradora e patrocinadora oficial e de novo conta co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, impulsora da  party.

 

A volta ao formato presencial da  Encounter galega reflicte a boa evolución desta cita informática, pois tamén no País Vasco se celebrou en xullo a  Euskal  Encounter con asistencia de participantes. Trátase das dúas únicas lanparties de España que puideron retomar a fórmula presencial ata a data. A  XGN  R  Encounter está vinculada á rede de  Encounters que a  Fundacion  Euskaltel impulsa desde hai máis de 25 anos e da que forman parte a citada  Euskal  Encounter, a  Gipuzkoa  Encounter e a Araba  Encounter.

Organiza

Fundación Semana Verde de Galicia

Voz:

986 577000 (de luns a venres de 9 a 14 h)

Correo electrónico:

info@xgnrencounter.gal

Responsables de prensa:

Aitor Ubarretxena. Infotres Comunicación.
943 22 45 30 / 609 12 16 66
E-mail: press@euskalencounter.org
 
Silvia Regal. Fundación Semana Verde de Galicia
986 577000 / 669 840532
 

twitter facebook