A XGN R Encounter comeza mañá con 425 participantes e un programa que aposta polas novas tecnoloxías e o ocio electrónico

  • Esta lanparty, que se celebra ata o luns na Feira Internacional de Galicia ABANCA, recupera o formato presencial para inscritos, quen poderán participar en máis de 40 actividades lúdicas e formativas

 

  • As actividades de acceso libre, que serán unicamente online e se poderán desfrutar a través do canal de Discord da party ou de Youtube, incluirán interesantes conferencias e talleres. Ademais, emitirase por streaming un maratoniano programa da party, o cal será accesible a calquera persoa interesada en seguir a actualidade desta cita

 

  • A aposta pola seguridade é unha das premisas desta edición, a cal conta cun completo protocolo de prevención fronte á COVID-19

 

Silleda, 8 de outubro de 2021.-  A 21ª  XGN  R  Encounter comeza mañá no recinto  Feira Internacional de Galicia ABANCA. E faio con 425 participantes que desfrutarán ata o vindeiro luns dunha cita tecnolóxica que recupera o seu formato presencial para os inscritos, nunha edición con aforo reducido.

 

Trátase da segunda  lanparty, tras a celebración da  Euskal  Encounter o pasado mes de xullo en Bilbao, que recupera a  presencialidade dos participantes. Estes poderán gozar dun programa que incluirá máis de 40 actividades lúdicas e formativas, entre elas competicións de arte dixital, seguridade informática ou videoxogos.

 

A aposta pola seguridade é unha das premisas principais desta cita, que conta cun completo protocolo de prevención fronte á COVID-19, favorecido polos enormes pavillóns do recinto, a súa ventilación e a redución do aforo, menor do habitual nos últimos anos, o que permite en todo momento unha ampla separación persoal entre participantes. Sumaranse aspectos como a medición de CO2, reforzo da vixilancia e a limpeza, uso obrigatorio de máscara ou habilitación de puntos de desinfección.

 

Esta cita é a quinta con  R como colaboradora e patrocinadora oficial, a cal proporciona ademais 20  xigas de velocidade de conexión ao evento, e de novo conta co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, impulsora da  party. A  XGN  R  Encounter está vinculada á rede de  Encounters que a Fundación  Euskaltel impulsa desde hai máis de 25 anos e da que forman parte a  Euskal  Encounter, a  Gipuzkoa  Encounter e a  Araba  Encounter.

 

Actividades

 

Especialmente interesante será nesta edición a área de hardware, que entre as súas moitas actividades, como a modificación e personalización de equipos, inclúe un taller para montar unha “ retroconsola”, a Open  Led Race, carreira onde os participantes terán que facer avanzar a súa cor LED por un circuíto, e o  Roteiro  Maker, unha iniciativa que tenta achegar a ciencia e a tecnoloxía ás zonas rurais e  semirrurais de Galicia con diferentes talleres para todos os públicos e nun formato innovador e divertido. Tamén haberá competicións de arte dixital, centradas en curtametraxe, gráficos 3D, ilustración e música dixital, concurso de dobraxes e fotografía, retoque fotográfico,  fast  compos e anime  music vídeo.

 

Así mesmo, os participantes afeccionados ao software libre poderán tomar parte no AI  Contest, unha proba consistente en programar un robot para que compita con outros nun sinxelo xogo. De igual forma, organízanse torneos de trece videoxogos distintos, entre os que non faltan algúns dos máis populares, como  LOL,  CSGO,  Valorant ou  Skribbl. io,  Fifa21,  JustDance 21,  Guilty  Gear:  Strive ou Mario Kart 8: Deluxe. E, como sempre, haberá tamén divertidos xogos como o Trivial de cinema, o karaoke ou o “Non te rías que é peor”.

 

A  XGN  R  Encounter tamén incluirá un programa de actividades que será unicamente online e de acceso aberto e gratuíto tanto para os rexistrados como para o público en xeral. Desta maneira, quen o desexe poderá desfrutar a través da canle de  Discord da  party ou de Youtube de conferencias e talleres con títulos tan atractivos como “Guía de supervivencia de  criptomonedas”, “ IVAO España, a familia da simulación aérea”, “Un  stream desde o outro lado” ou “O onte e hoxe do  k-pop”.

 

Encounter TV

 

Moitas das actividades da  XGN  R  Encounter serán retransmitidas e comentadas nun extenso programa que se emitirá en  streaming durante os dous primeiros días do evento a través da plataforma “ Twitch”, de forma que será accesible a calquera persoa interesada en seguir a actualidade do encontro tecnolóxico. O programa, que leva por título  EncounterTV, incluirá ademais entrevistas e actuacións musicais e humorísticas.

Organiza

Fundación Semana Verde de Galicia

Voz:

986 577000 (de luns a venres de 9 a 14 h)

Correo electrónico:

info@xgnrencounter.gal

Responsables de prensa:

Aitor Ubarretxena. Infotres Comunicación.
943 22 45 30 / 609 12 16 66
E-mail: press@euskalencounter.org
 
Silvia Regal. Fundación Semana Verde de Galicia
986 577000 / 669 840532
 

twitter facebook