Balance moi positivo da XGN R Encounter, que pecha a súa edición 21 tras tres días repletos de actividades lúdicas e formativas

  • A lanparty, que recuperou o formato presencial con éxito, celebrouse durante tres días na Feira Internacional de Galicia ABANCA. Os organizadores cualifican a edición con boa nota e destacan a alta participación nas máis de 40 actividades organizadas

 

  • Dende o sábado 9 hasta hoxe, os 425 participantes puideron desfrutar dunha velocidade de 20 xigas de conexión a Internet grazas a R, que permitiron unha gran de experiencia de usuario e facilitaron as distintas actividades que desenvolveron os participantes durante a party.

 

  • Tamén tivo unha gran acollida o maratoniano programa Encounter TV emitido por streaming dende a party, que permitiu seguir de forma aberta e gratuíta o contido da XGN R Encounter a calquera persoa interesada en seguir a actualidade desta cita

 

  • A aposta pola seguridade foi unha das premisas desta edición, que contou cun completo protocolo de prevención fronte á COVID-19

 

Silleda, 11 de outubro de 2021.-  A 21ª  XGN  R  Encounter remata hoxe cun balance moi positivo, tras tres días repletos de actividades lúdicas e formativas. A  lanparty, que recuperou o formato presencial con éxito, celebrouse durante tres días na  Feira Internacional de Galicia ABANCA, e nunha primeira valoración, os organizadores celebran que esta edición fose “todo un éxito” tras lograr conxugar o protocolo de prevención fronte á COVID-19 co normal desenvolvemento da party. E en especial, destacan a alta participación nas máis de 40 actividades organizadas.

 

Desde o sábado 9 de outubro ata hoxe, os 425 participantes puideron gozar dunha velocidade de 20  xigas de conexión a Internet grazas a  R, que permitiron unha gran experiencia de usuario e facilitaron as distintas actividades que desenvolveron os participantes durante a  party.

 

Tamén tivo unha gran acollida o maratoniano programa  Encounter TV emitido por  streaming desde a  party, que permitiu acceder de forma aberta e gratuíta ao contido da  XGN  R  Encounter a calquera persoa interesada en seguir a actualidade desta cita.

 

A aposta pola seguridade foi unha das premisas desta edición, que contou cun completo protocolo de prevención fronte á COVID-19, favorecido polos enormes pavillóns do recinto, a súa ventilación e a redución do aforo, menor do habitual nos últimos anos, o que permitiu en todo momento unha ampla separación persoal entre participantes. E ademais, tamén se contou con sistemas de medición de CO2, reforzo da vixilancia e a limpeza, uso obrigatorio de máscara ou habilitación de puntos de desinfección. Desta forma, a  XGN  R  Encounter foi a segunda gran  lanparty, tras a  Euskal  Encounter desenvolta en xullo no BEC de Barakaldo (Bizkaia) que recuperou a  presencialidade dos participantes.

 

Esta cita foi a quinta con  R como colaboradora e patrocinadora oficial, que proporcionou os 20  xigas de velocidade de conexión ao evento, e de novo contou co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, impulsora da  party. A  XGN  R  Encounter está vinculada á rede de  Encounters que a Fundación  Euskaltel impulsa desde hai máis de 25 anos e da que forman parte a  Euskal  Encounter, a  Gipuzkoa  Encounter e a  Araba  Encounter.

 

Datos de participantes

 

Os datos recolleitos dos participantes permiten comprobar que a idade media é de 29 anos, mentres que o rexistrado máis novo ten 10 anos e o máis veterano, 52. De igual forma, a súa procedencia revela que acoden desde 16 provincias diferentes, na súa maioría de Galicia (90%), mentres que o 10% restante trasladouse desde lugares como Bizkaia, Madrid, Asturias ou Barcelona.

 

En canto aos seus principais intereses, os rexistrados apuntan que o que máis lles gusta son os videoxogos, as actividades de entretemento, o hardware (impresoras 3D, modificación de computadores, drons…), as conferencias e talleres, a arte dixital e o software libre, por esta orde.

Organiza

Fundación Semana Verde de Galicia

Voz:

986 577000 (de luns a venres de 9 a 14 h)

Correo electrónico:

info@xgnrencounter.gal

Responsables de prensa:

Aitor Ubarretxena. Infotres Comunicación.
943 22 45 30 / 609 12 16 66
E-mail: press@euskalencounter.org
 
Silvia Regal. Fundación Semana Verde de Galicia
986 577000 / 669 840532
 

twitter facebook