Guía básica de NFT: Desde Criptopunks ata xogos blockchain

Este espazo ten como obxectivo aclarar tódalas dúbidas que envolven aos NFT, (fichas non funxibles en inglés) un tipo especial de activo criptográfico que ten propiedades únicas. Isto abriu un abanico de posibilidades para moitas industrias, como a dos videoxogos, a arte e os coleccionables, das cales falaremos na charla.

Cryptopunks, Axie Inifinity, unha póliza de seguros ou un .jpeg vendido por 69,3 millóns. Os NFT dan para moito por iso é importante entendelos ben e saber que son máis do que aparentan ser. Nesta ocasión centrarémonos na escena dos videoxogos e como estas novas propostas están a revolucionar o mundo do gaming.

Deixaremos un espazo de tempo para preguntas.

Por último, sacaremos unha foto e faremos un NFT con ela usando a rede de Polygon  para todas aquelas persoas que queiran un recordo da charla.

Horario

  • Sábado, 9 de Outubro desde as 17:00.

twitter facebook