Unha competición expresamente feita para todos os que coidades a vosa mesa do pc coma se fose o voso palacio. Luciñas de cores, figuras, pops, plantiñas decorativas, mesas a medida... Calquera cousa é válida. A condición de que reine a orde e a perfección. Por suposto, a foto terá que facerse na party.
Normativa:
- Só poderán participar aqueles participantes da XGN R Encounter.
- Cada participante só poderá presentar un Setup.
- A inscrición realizarase mediante a intranet da XGN R Encounter.
- Valoraranse unha serie de características de 0 a 10 cun decimal, sendo a puntuación final a suma de puntos obtidos en cada unha das características.
- As cualificacións serán realizadas pola organización.
- As características para avaliar poden ser puntuadas de tres formas diferentes en función das característica:
- Positivas: É a que se usa na maioría dos aspectos para avaliar e o seu valor vai de 0 a 10, polo que sempre suman.
- Negativas: Úsanse en aspectos valorables que se entende que deben ter un status óptimo e o seu valor vai de 0 a -10, polo que sempre restan. Por exemplo “limpeza”: o normal é que estea limpo, se está sucio empezará a puntuar negativamente.
- Simétricas: Son puntuacións que partindo desde 0 poden tomar un valor positivo ou negativo en función da avaliación e o seu valor vai de -10 a 10. Ao introducir as puntuacións simétricas favorécese o traballo de calidade, xa que un pésimo traballo nalgún apartado non só deixará de puntuar senón que pode chegar a restar puntos.
As características para avaliar e o seu tipo de puntuación son:
- Orixinalidade
- Limpeza
- Deseño
- Iluminación
- Innovación
- Artesanía
- Electrónica / Robótica
- Traballos de pintura
- Integración doutros elementos
- Traballo de Vinilos
- Terminación, integración global e estética
A organización pasará polos postos para ver os setups.
- En caso de dúbidas sobre a aplicación do regulamento será a organización de Hardware quen decidirá sobre a devandita aplicación.
- Todo incumprimento de calquera das normas significa a descualificación do participante, así como calquera trampa en canto á participación ou á autoría do traballo co que participa, dependendo da gravidade da infracción poderíanse tomar outras medidas.
- Tódolos participantes deberán aceptar as condicións e regras da competición de Concurso de SETUP, para poder participar.