Este ano poderás sentir as mesmas “pulsacións” que un piloto de Fórmula 1 sente dunha maneira algo distinta… Cres que tes síndrome de pulsador velocista para gañar?
En que consiste unha carreira de LED?
Trátase dunha carreira onde 4 participantes terán que aporrear un pulsador de tipo arcade co obxectivo de facer avanzar a súa cor LED polo circuíto.
O primeiro en chegar, gaña e clasifícase para a seguinte rolda. Así de sinxelo e divertido ✌
Proxecto orixinal
A Open LED Race foi unha das actividades desenvolvidas no makerspace da «Sevilla Maker Society» en ocasión do Arduino Day 2019.
Desde entón a Open LED Race evolucionou como un proxecto independente, impulsado por algúns dos socios (www.openledrace.net), podes seguilos en https://twitter.com/openledrace
Horario Clasificatorias
Venres, 8 de Outubro ás 16:00 a Sábado, 9 de Outubro ás 16:00, avisarase aos participantes rexistrados.
Final
Domingo, 10 de Outubro ás 18:00