Taller: Monta a túa retroconsola nun mando de SNES

Sábado, 9 de Outubro ás 20:00

Pódenos a nostalxia, para que nos imos a enganar, e ademais encántanos a tecnoloxía. Así que por que non axuntar estas dúas cousas nun sinxelo e entretido taller?

Pois fixémolo, achégate a charlas e talleres na zona de Hardware, para aprender a montar a túa propia Consola Retro no interior dun precioso mando de SNES.

 

Ademais, se queredes montar a vosa, a lista da compra non podería ser máis sinxela, e económica.

  • Raspberry Pi Zero W ou WH
  • mando SNES
  • micro SD 32GB
  • Adaptador Mini HDMI
  • Adaptador de Corrente MiniUSB 5V 2.5A (Ou un bo cargador de Móbil)
  • Carcasa Modificada Impresa en 3D -https://www.thingiverse.com/thing:2509760

twitter facebook