O Roteiro Maker é unha iniciativa que tenta achegar a ciencia e a tecnoloxía ás zonas rurais e semirurales de Galicia, ofrecendo diferentes talleres para tódolos públicos e nun formato innovador e divertido.
Nesta edición da XGN R, teremos a oportunidade de gozar destes talleres dentro do evento.
Ademais, o seu interior estará equipado como Space Maker para que calquera interesado poida visitalo, ver o equipamento e recibir asesoramento sobre as diferentes ferramentas e tecnoloxías que utilizamos.
Actividades
- Visita continua ao vehículo para coñecer as ferramentas e tecnoloxías máis utilizadas no mundo maker. Ademais está equipada con proxectos de innovación desenvolvidos polos alumnos e alumnas makers como un brazo robótico que funciona con neurotecnoloxía e IA ata unha consola arcade que funciona con pilas recicladas.
- Taller StopMotion. Nesta actividade crearase a trama e os personaxes dun videoxogo primeiro como viñetas dun cómic para a continuación recrear os personaxes con plastilina e gravar a historia utilizando a técnica de StopMotion.
- Taller creación dun videoxogo. Nesta actividade realizarase a adaptación dunha trama propia a un videoxogo modo labirinto, deseñarase ao personaxe principal con Piskel e programarase o videoxogo con Scratch.
Horario
- Sábado, 9 de Outubro desde as 17:30 ata as 21:00
Visita continua ao vehículo: sen inscrición. Limitado acceso a 2 persoas á vez.
Taller StopMotion: 3 Sesións de 50 minutos (17:30, 18:30 e 19:30) de 8 participantes.
Taller creación dun videoxogo: 3 Sesións de 50 minutos (17:30, 18:30 e 19:30) de 8 participantes.
- Domingo, 10 de Outubro desde as 16:00 ata as 20:30
Visita continua ao vehículo (excepto de 19:15 a 19:45): sen inscrición. Limitado acceso a 2 persoas á vez.
Taller StopMotion: 4 Sesións de 50 minutos (16:00, 17:00, 18:00 e 19:00) de 8 participantes.
Taller creación dun videoxogo: 4 Sesións de 50 minutos (16:00, 17:00, 18:00 e 19:00) de 8 participantes.